Un dos fundadores do histórico grupo vigués, o cantante das barbas longas e a voz tronante, apareceu morto no seu domicilio este domingo. Adolfo Domínguez, Fito, é peza imprescindíbel no nacemento do grupo na década dos 70 no barrio operario de Teis, na cidade de Vigo. Precisamente nas tabernas da zona, onde se reunían a cantar os obreiros do metal, foi onde xurdiu o xérmolo do que despois sería A Roda. O propio Fito foi soldador nos asteleiros para dedicar despois toda a súa vida á difusión e recoñecemento da nosa música tradicional.
Escoitas música no choio? Seguro que nunca deches en pensar se a música que escoitas é a axeitada para o teu traballo. Vai ben o hardcore para unha carpinteira? Pode un percebeiro escoitar Milladoiro mentres apaña crustáceos? Nós, que tamén escoitamos música mentres traballamos, estudamos o tema e traémosvos algunha suxestión.
Atopamos pola rede este vídeo da actuación de SonDeSeu o pasado 24 de agosto en Noia.
Free Code Jazz Records, "o novo selo de jazz feito en Galiza", leva en realidade xa 6 anos a traballar na promoción do jazz do país. Creado por Paco Charlín, o selo ten xa no seu catálogo unha ampla mostra da música jazz galega.
Vén de se publicar na rede Roger de Flor: Naturalidade Silvestre, unha longametraxe documental en torno a figura deste cantante e compositor fenés, na que coa excusa de facer un seguimento da xira de presentación do seu último disco,analízase a situación actual de tantos artistas de locais de pequeno aforo no noso país, e profundizar nas motivacións deste creador bohemio, autodidacta e independente. A vida é breve pero a arte é longa.
O músico está a traballar arreo no seu novo traballo, que levará por nome As Arpas de Breogán. Rodrigo Romaní prepara o novo disco no seu estudio de gravación en Noia, onde leva máis de dous anos investigando na sonoridade destas novas cancións. As arpas son o eixo das novas composicións, unha proposta nova e diferente na música galega.
As Arpas de Breogán sairá á rúa contra o inverno deste ano, da man de Fol Música, apenas unhas semanas antes do 35º aniversario da publicación con Antón Seoane do disco Milladoiro, (Zafiro/Novola, 1978), xerme do que posteriormente, co engadido dos membros de Faíscas do Xiabre, se convertiría no grupo máis influínte do folc galego.