Doa vén de editar o segundo vídeo da actuación que ofreceu no ciclo Músicas Abertas, no Teatro Principal de Pontevedra. Trátase da Cantiga 2 de Martín Códax. Velaquí a tedes
Hoxe luns 16 de xullo, dentro do programa ‘CdC em aberto’ na terraza das Crechas, en Santiago de Compostela, actuará o dúo procedente da Escola Livre da MPG (ligada á Central Folque) formado por Xabier Blanco (acordeón diatónico, melodeón e mandolina) e Alexandre Cadarso "Cano" (gaita, frauta e acordeón cromático de botón).
O pasado 29 de xuño estreouse en Compostela o documental que repasa a escena death metal galega da década dos 90. Codirixido por Luis E. Froiz (Santiago, 1985) e Carlos Pensado (Camariñas, 1977), dous apaixonados do death galego que teñen tocado nalgunha banda do estilo, o documental dá a palabra a membros das formacións que encetaron con este xénero musical no país, algúns deles aínda en activo 20 anos despois.
Ler máis: Estréase o documental 'Escuros, roncos e compasados'
A pasada fin de semana no Derrame Rock púxose á venda o DVD que os Heredeiros da Crus aquelaron co gallo da súa volta aos escenarios. O disco inclúe o concerto completo que a banda do Barbanza ofreceu en Ordes o pasado 3 de marzo. Unha mostra do que a banda vai dar si nas citas que ten pechadas no verán do seu retorno. En breve, o disco estará dispoñible tamén na rede e nos puntos de venda físicos.
O Clube da Lingua do IES Marco do Camballón de Vila de Cruces e o Festival Novo Cruceiro Rock apresentaron a pasada semana na vila dezá o libro-disco Sexo, lingua e rock'n'roll. O volume foi realizado por alumnado, exalumnado e profesorado do instituto e conta coa colaboración de xentes da cultura e da música do país.
Paseniño, o noso cartafol vai engadindo grupos á listaxe. Un dos últimos en sumarse foi Magritte. A banda ourensá e a súa música popvrinciana xa soan en GZmúsica!