Grupos

Poesía e música. Espírito punk e o salseiro que ghabea polas abas do Monte Louro, todo misturado pero con xeito. Non o imos negar, gostamos moito de "Inflamable", a nova creación de Samuel L. París, o baixista de Terbutalina. E ti???


O pianista español faleceu na súa casa de Madrid aos 57 anos. Compañeiro de El Gran Wyoming durante máis de 20 anos, participara no Xabarín Club da man de Siniestro Total, banda á que lle fixo os arranxos de varios dos seus discos. Colaborou tamén con algunha outra banda galega como Ruxe Ruxe.


Koji Koji Moheji, nome artístico de Yuki Kojima, é un músico que probabelmente pase á historia como o primeiro gaiteiro xaponés. A semana pasada foi noticia, pois vén de estar no país, concretamente no obradoiro de gaitas Gil en Ponteareas para recoller a encarga que fixera hai un ano por e-mail desde o Xapón: unha gaita cuspidiña á de X.M. Budiño e Carlos Núñez. Vídeo de Moheji tocando a gaita na voda duns amigos no Xapón no artigo.


Sae á rúa, despois de 7 anos de troula polos escenarios do mundo, o primeiro traballo dos Festicultores. "Os sadomusiquistas, unha festa dolorosamente pracenteira" contén 10 temas novos e 4 lategazos extras escollidos entre os hits da banda. Axiña achegarémosvos máis información, polo de agora aquí tedes a apresentación oficial en Las Vegas.

A literatura pode debe arder. Ou polo menos así o entende Samuel L. Paris. O escritor e músico muradán estreará no seu bandcamp o vindeiro 6 de setembro unha pequena compilación de textos do seu último libro musicados e recitados.

Samuel L. París nace en 1984 en Muros. En 2008 publica Manual da destrución n’A Regueifa Plataforma. En 2012 publica Inflamable en Edicións Positivas. Na actualidade toca o baixo na Terbutalina e come ovos con tomate, salchichas e arroz. Para máis información, pódese visitar e consultar o seu blogue.



Un dos fundadores do histórico grupo vigués, o cantante das barbas longas e a voz tronante, apareceu morto no seu domicilio este domingo. Adolfo Domínguez, Fito, é peza imprescindíbel no nacemento do grupo na década dos 70 no barrio operario de Teis, na cidade de Vigo. Precisamente nas tabernas da zona, onde se reunían a cantar os obreiros do metal, foi onde xurdiu o xérmolo do que despois sería A Roda. O propio Fito foi soldador nos asteleiros para dedicar despois toda a súa vida á difusión e recoñecemento da nosa música tradicional.

AO VIVO

Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.