Grupos

Aleko, cantante de Planeta Lem Barcelona, e ex-líder de Go Lem System (donde xirou xunto a Manu Chao) e Toñyto All Time, músico vigués que xira dende o último ano por todo o estado co seu primeiro disco en solitario: Con todas tus fuerzas, presentan a súa Girinha no sur de Galiza contra finais de novembro. Estas son as datas:

30 NOV: Sala Aturuxo (Bueu)

1 DEC: Sala XancaraJazz (Vigo)

2 DEC: Saña A Regueifa (Ponteareas)

Todas as entradas pódense mercar anticipadas en www.ticketea.com ou nas propias salas os respectivos días dos concertos. O prezo será de 3-4 euros entradas e 5-6 euros entrada + CD Planeta Lem (dependendo da sala)

GZmúsica entra de cheo nas eleccións. Imos falar só de música...e iso que habería moito que dicir! Traémosvos as cancións que van acompañar os candidatos dos distintos partidos políticos que se presentan as eleccións do 21-O. Pop e folc adoitan ser os estilos máis acaídos para a ocasión, pero sempre hai de todo. Aquí teñen a primeira entrega, con temas do PP, o PSOE e CxG. Pasen e vexan!!

O portugués Luis Peixoto (Coímbra) e o galego Fernando Barroso (Ferrol) volven traballar xuntos na creación deste proxecto, que verá a luz grazas á colaboración de mecenas que queiran financialo e así obter un exemplar adicado polos artistas, ou incluso disfrutar da súa música en directo cun concerto privado. A peculiariedade de ‘Pop’ é que non será distribuído de manera convencional. Estará ao alcance de aqueles padriños que queiran formar parte da campaña de financiamento. Posteriormente só estará dispoñible nas plataformas dixitais ou ben mediante compra directa aos artistas.


Atopamos no SermosGaliza unha entrevista a Alonso Caxade e aí enterámonos de que o músico do Cuarteto Caramuxo, PELdeNOz ou da Orquestra Os Modernos comeza un novo proxecto en solitario. Ten xa cinco temas gravados, que irá presentando estes días na rede. A primeira xa a temos aquí, chámase Dança das Moscas. A idea de Caxade é ir subindo á rede os temas aos poucos e ir vendo como reacciona o público. Na súa conta de Facebook irá avisando das novidades deste proxecto. Alicerces na música tradicional e adubíos contemporáneos para un traballo que procura no Copyleft e na difusión polas redes sociais o seu propio camiño. Música galega do século XXI.


Unha ollada ás orixes do Death Metal galego. Luís E. Froiz e Carlos Pensado codirixen un documental sobre os primeiros anos e as primeiras bandas deste subxénero do metal extremo no país. 2 horas de entrevistas e algunha gravación inédita daqueles tempos. Artigo publicado hoxe no Faro da Cultura. No interior podes ler o artigo e escoitar ademais a nosa colaboración no Planeta Furancho deste martes pasado, falando tamén do Metal.


Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.