Grupos

Igual é porque os premios son patrocinados por unha cervexa galega. Mais o certo é que a música do país ten presenza en varias das candidaturas na cuarte edición dos Premios da Música Independente. Non é que na redacción de GZmúsica sexamos moi amigos deste tipo de telderetes, mais rechamounos a aparición de Das Kapital entre os candidatos a mellor álbum de música electrónica. Por iso botamos unha ollada.

Luns 28 de maio. 19h. Na Casa das Crechas. Os Cempés apresentan nunha sesión pechada a medios e amizades o seu novo traballo. Tentemozo. Financiado mediante unha iniciativa de crowfunding, o novo traballo festexa os vinte anos da formación de Ferrolterra.

O Sonoro Maxín segue a xirar polo país presentando o seu disco de estrea. Esta semana, Compostela e A Coruña. Xoves e venres respectivamente. Nós temos entradas para os dous concertos. E TI podes conseguilas. Tan só tes que mandar un mail a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. co teu nome+apelidos e número de teléfono. Especifica tamén para onde queres as entradas, Compos ou A Coruña.

Martes 22 de maio. O Projecto Trepia estivo no programa A Solaina da TVG. Eis a súa intervención, cunha breve entrevista ao final.

Seica este ano homenaxean a Valentín Paz Andrade no Día das Letras...muito ben! Nós faremos como o Faro de Vigo e La Voz de Galicia e publicaremos a nosa portada en galego :P E de paso, celebraremos o 17 de maio de troula. A Axenda desta semana vén cargadiña de cousas bonitas. Levanta o cú do computador e vaille botar unhas pezas!!!!!

Reportaxe que formou parte do CD-DVD adicado a Os Campaneiros de Vilagarcía de ed. do Cumio. Hai un par de anos, os autores da recompilación decidiron rescatar o vídeo do fondo escuro da memoria dun disco duro. Descoñécese a autoría da reportaxe, así como a data en que foi gravada. Porén, semella realizada a finais dos setenta ou comezos dos oitenta. Interesante ver os irmáns Valiñas do Sixto, en activo xa nos anos 20 do século pasado.


AO VIVO