Concertos

 

O sábado 26 de outubro de 2024, no gaztetxe Etxeluze de Orio, xuntáronse dúas bandas vascas e unha galega, Ameba, Odolaren Mintzoa e mais Loita Amada, para volveren convocar baixo as palabras de orde 'Hamaika herri borroka bakarra’, quer dicir, distintos pobos mais a mesma loita, aos seareiros do rock vasco e galego. Igual que hai agora 6 anos, daquela cos Odolaren, Nao e SondaRúa, abrolla este irmanamento entre bandas das dúas nacións. Daquela, a primeira data fora en Compostela. Desta volta, foi Orio, en Euskal Herria onde comezaron os concertos. E GZmúsica estivo alí.

 

A Orquestra Bravú Xangai apresentou o seu disco de estre, Os saxofóns de occidente, o pasado 2 de marzo de 2024 no Garufa Club da Coruña. E non foi unha presentación calquera, foi unha festa vigocoruñenta, vella idea do Xurxo Souto de irmanamento das dúas grandes cidades do país. Ademais da banda que presentaba o disco, os Vacalouras de Teis puxeron a contraparte sureña da xornada. E o ramo veu coa presentación do videoclip do Gato, canción incluída no disco da Xangai. Feito por xente desta web, o Martín Rodas á dirección e Dani Lavesedo guión, o clip conta a verdadeira historia do Ghato de Vilariño.

A mediados do pasado mes tivemos a oportunidade de ver por primeira vez a verbena das irmandiñas na sala Rebullón de Mos. Xa viramos as catro bandas que a compoñen con anterioridade, pero nunca ate agora xuntas.


O pasado venres 15 de febreiro a xira presentación do Vol. III de Vudú tivo a cita no Morrazo, concretamente no Salason. Tras tocar o xoves na Clavicémabalo de Lugo, o venres tocaba Cangas para ir comezando a fin de semana. Até alí achegámonos algúns seareiros e algunhas seareiras, mais pese a non conseguir  a afluencia que conseguiron na cidade das murallas creouse un ambiente lindo.


E a roda do muíño segue a moer. Xs convidadxs pasaron pola carpa nas Lagoas en Bueu, para festexar o 15 aniversario da banda do "Bal Miñor", si con B escribían esta rapazada nos anos máis mozos como rebeldía. Rebeldía que non se detén se non que segue a crecer, inspira e xunta a milleiros de persoas ala por onde van. DKR é das bandas galegas que é capaz de pechar calquera festival, pois poden ser as 6 da maña que manteñen o campo da festa cheo.

Máis unha vez, pasamos o alto da Portela para nos achegar até o Aturuxo de Bueu. Desta volta a razón era o concerto de Malandrómeda, que volvía por terras do Morrazo coa súa flamante banda a nos mostrar como lle aquelaban saxo, teclado e batería aos seus temas. O Xabicas, coma sempre que hai música no Atu, e mais o Lavesedo estiveron aló e armaron esta reportaxe ben curiosa. Non deixes de ler, ver e escoitar o que che traemos até a nosa web!

Domingo 25 de febreiro deste ano, o cantautor guardés Tino Baz actuou no Salason de Cangas. Antigo membro da Roda -onde entrou por intermediación de Suso Vaamonde- ou do Orfeón Treixadura, o da Guarda deitou un chisco da fermosura das súas creacións na vila do Morrazo. Até alí foi a nosa compañeira S. Murias, acompañada do Nuno, para nos contar e mostrar o concerto.

O 10 de marzo, Lety GF e Xabicas cruzaron a ría para se achegar até o Rebullón. As do Morrazo non lles temos medo ás cicloxéneses, sobre todo cando da outra banda do mar agardan por nós dúas bandazas como Habelas Hainas e VooDoo. Pequena crónica, fotos e vídeo dos concertos neste artigo.

Vindeiros concertos

644570328_1419611992961678_5716167522020721688_n.jpg }24 Xul 2026
42 Festival Intercéltico do Morrazo
Moaña
746909343_1972001656781471_772066784898700608_n.jpg }22 Xul 2026
Apóstolo 2026
Santiago de Compostela
753663618_18441748894193518_4593060451265242323_n.jpg }24 Xul 2026
Festas de Santiago de Sargadelos
Sargadelos (Cervo)
749665296_1045464268240000_6836047754851507265_n.jpg }23 Xul 2026
Festas de Taragoña
Campo Maneiro - Taragoña (Rianxo)
726471190_1674603897793625_6730633299888492747_n.jpg }24 Xul 2026
Festigal
Campus Vida - Santiago de Compostela
720341463_1410732387758523_7749903795420061414_n.jpg }24 Xul 2026
IX Romaxe Viquinga
O Vicedo
753707502_1614833696486963_1719652198767550154_n.jpg }22 Xul 2026
Son do Mar
Meaño
730628634_1297496682589851_8490332913847867951_n.jpg }22 Xul 2026
V Mostra de Artesanía e Cultura Tradicional
Contorna do Palco da Música - Moaña
717186372_18005704769919363_4402572850153631031_n.jpg }24 Xul 2026
Vendaval Fest
Ribadeo
749041989_1055358886932808_2437708826686137190_n.jpg }24 Xul 2026
XIX Festival Folk Celta
Ponte da Barca (Portugal)