Discos

The Lost Omelette-Makers estrean disco. O novo traballo publicado polo selo Discos da Máquina, Cómo conocí a vuestra puta madre é un EP de 4 temas, un interludio e un epílogo, terceiro dos fai-tortillas perdidos. O disco foi gravado,mesturado e masterizado por Chukostyle Subversive en Lombardi Records, Compostela,  agás 1 tema gravado nas sesións en directo "Faiado de Ajromarín Club" por Daniel Santos. Pégalle unh escoita en GZmúsica e/ou báixao de balde no bandcamp de The Lost Omelette-Makers. 

A sala TNT de Compostela acollerá o vindeiro sábado 24 de maio a presentación ao vivo do novo traballo de Invivo, Cárcavas. A banda metaleira publica este novo traballo despois de experimentar unha, nas súas propias palabras, metamorfose. Así, uns problemas na voz do grupo, Mario, fixo que o micro fose collido por Roberto Filgueira. Tamén entrou na banda Bruno Castro no baixo. A gravación fíxose nos estudios Pousada Son de Ames. Sube o volume e pégalle unha escoita ao traballo no interior deste artigo. Quedarás impresionad@!

Jazz, rock e tradición. Todo sabiamente mesturado por Mónica de Nut no seu segundo disco, Dos fíos invisbles chegan as cores, presentado hai unhas semanas. Agora pasámolo pola peneira de GZmúsica, pero xa adiantamos que gostamos moito del. Escoita ademais no interior do artigo o disco, que está chamado a ser un dos traballos senlleiros da música galega neste 2014.


Os Esquíos presentan o seu novo traballo, Estamos aquí. Despois dun ano 2013 terrible para a banda, -marcado polo falecemento de Miguel Ángel Castro, Moro- Esquíos volven cun traballo máis escuro, gravado ao vivo no estudio da Radio Galega. O novo disco contén 10 cancións, entre os que se atopa por vez primeira unha versión dun tema alleo, neste caso dos Dead Kennedys. Mais, o mellor é opinares ti. Pégalle unha escoita ao disco neste artigo e xa nos dirás...


O vindeiro 7 de febreiro o Teatro Colón da Coruña acollerá a presentación oficial de Orquesta Gharbo! o disco de estrea do polifacético Nelson Quinteiro. Notable traballo que parte da tradición -o Nelson comezou ben novo de pandeireteiro- para mesturala con músicas de moitas partes do globo. O resultado final é un disco cun son excelente que nos convida a percorrer as xeografías musicais que foron deixando pegada na andaina do propio Quinteiro.


Silvia Pérez Cruz é unha música e cantanta catalá, concretamente de L'Empordà, que ten publicado -polo de agora- só un traballo en solitario, 11 de novembre, vai xa para 2 anos. Tivo o seu momento de sona nos medios mainstream cando gañou o Goya á mellor BSO por Blancanieves e, por erro, a encargada de dar o premio leu inicialmente o nome doutra finalista. Aquí vos deixamos unha olladela ao seu traballo e á súa -forte- conexión galega.

Roger de Flor estreou disco este outono. Trátase do seu cuarto traballo, Roger de Flor presenta a: Os Silvestres, o primeiro no que emprega exclusivamente o galego e o primeiro tamén no que a banda coa que adoito se acompaña no directo, Os Silvestres, figura nos títulos de crédito do seu traballo. Cuarto traballo de Roger, primeiro dos Silvestres, o seu rock tinguido de blues, pop e swing pasa pola peneira de GZmúsica.

A relación de Kepa Junkera co noso país vén de lonxe. Hai anos que o trikititxari vasco nos visita, nomeadamente no verán, até o punto de se converter nun clásico que ten pasado por festivais como a Festa da Carballeira de Zas, o Festival de Pardiñas ou outros históricos como o Herba e Son de Liméns. Agora, da man do selo galego Fol Música, Kepa Junkera deita nun disco-libro todas estas vivencias e tamén as amizades musicais que foi facendo no país durante este tempo. Velaí, a trititixa euskalduna a carón de gaitas e outras herbas galegas, con Kepa Junkera arroupado por até 20 artistas e agrupacións do país.

Sés publicou neste 2013 o seu segundo traballo, Co xenio destrozado. O novo traballo da coruñesa navega a través das músicas americanas, do rock dos USA ás milongas do sur, María Xosé Silvar alicerza con este disco unha traxectoria que xa a converteu nunha referencia ineludible na canción de autora nacional.

Xosé Manuel Budiño presentou na primavera de 2013 o que xa é o seu sexto traballo, Sotaque. O novo disco do de Moaña afonda nas liñas abertas por el en traballos anteriores, coa mistura de tradición e modernidade que caracteriza toda a súa obra. Para este disco, Budiño contou coa colaboración de António Zambujo, Michael McGoldrick e os Cantareiros do Fiadeiro. Agora o Sotaque pasa pola peneira de GZmúsica.

Vindeiros concertos

671647126_1529400112523121_245636148477317500_n.jpg }05 Mai 2026
09:30PM -
Vadzim Yukhnevich e Giuliano Parisi
Borriquita de Belém - Santiago de Compostela
640144733_1661328505309044_6448672353842505295_n.jpg }06 Mai 2026
10º Facela Fest
Lugo
640144733_1661328505309044_6448672353842505295_n.jpg }06 Mai 2026
10º Facela Fest
Lugo
645790230_1542328411230550_6126441407160916991_n.jpg }07 Mai 2026
Agora Guerrilla
Borriquita de Belém - Santiago de Compostela
626278513_18344101579237107_7652831850050692149_n.jpg }07 Mai 2026
Antía Muíño
Avalon Café - Zamora (España)
640144733_1661328505309044_6448672353842505295_n.jpg }06 Mai 2026
10º Facela Fest
Lugo
624076770_17986133090933036_9170625095021733609_n.jpg }08 Mai 2026
Bestas
Sala Urania - Ferrol
625359261_18342640423237107_8185224847302903640_n.jpg }08 Mai 2026
Fillas de Cassandra
Recinto Feiral - Pontevedra
586678226_18334925893237107_7538853319763282673_n.jpg }08 Mai 2026
Rebeliom do Inframundo
Sala Capitol - Santiago de Compostela
662492807_4399302883652043_3346349509056976048_n.jpg }08 Mai 2026
Sementeira e Música
Área Recreativa do Muíño da Ponte - Corzáns (Salvaterra de Miño)