Os medios de comunicación en galego lanzaron unha campaña de apoio para incidir na necesidade de vitaminas para o galego. O idioma galego necesita vitaminas. A lingua galega precisa de axudas. Entre eses apoios fundamentais figuran os medios de comunicación que empregan, utilizan, prestixian e difunden o xeito de falar dos habitantes do noroeste da Península Ibérica. Agora, -e sen tempo non era :P-, tamén GZmúsica se suma a esta iniciativa.



A iniciativa partiu de 10 medios de comunicación senlleiros, que teñen en común o emprego do noso idioma. Galicia Confidencial, Tempos Novos, Praza Pública, Novas da Galiza, Radiofusión, Ovalminor.info, quepasanacosta, Certo.gl, O Sil e Crónica3 foron os impulsores dunha campaña á que paseniño se van unindo novos medios e webs informativas en galego. De feito, xa somos varias as webs musicais que apoiamos o proxecto. Ademais de nós, plasticoelastico e abretedeorellas.com tamén se sumaron á iniciativa. A listaxe é longa e variada. A web surfgz.com leva tempo apoiando a campaña, así como disquecool, cabozo ou GZ vídeos.

E para que se montou todo isto? Pois moi sinxelo; para lle dar vitaminas ao galego. Se queres colaborar coa campaña entra na súa web, www.vitaminasparaogalego.gl, e mira como facelo.



Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.