Festivais

Vídeo promocional do FestiVal das Brétemas. Sábado 29 de setembro, en Ponteareas. Máis información na nosa axenda.

Non, señora. Non é un deja vù. Simplemente é unha boa nova :-) A xente do Castañazo deu en pensar que non había mellor xeito de celebrar o décimo aniversario do seu festival ca cun concertazo que xuntará en Chantada o vindeiro 3 de novembro o melloriño da historia do rock galego. Os Rastreros de Chantada, Os Papaqueixos e Os Diplomáticos de Monte Alto quitaranlles o po ás vellas melodías que nos fixeron felices hai anos para nos facer tolear de vez este ano en Chantada. Xunto a eles Cuchufellos e os Liviao de Marrao completan un cartaz histórico.

A parroquia cullerdense de Castelo prepárase para recibir este venres 24 de agosto unha boa selección do mellor humor e a mellor música feita en Galicia: Xosé Antonio Touriñán, Carlos Blanco e Xosé Manuel Budiño, Recambios Tucho, Familia Caamagno, a Orquestra Aconfónica, Los22 e París DJ. Organizado pola Asociación Castelo Deporte, o festival contará con zona de acampada de balde ao pé do monte Xalo. As actuacións comezan ás oito do serán.


A Sociedade Cultural e Desportiva (SCD) do Condado pechou o programa da XXVI ediçom do seu Festival da Poesia, que tem como eixo vertebrador o lema ‘Capitalismo é um feito, revoluçom um direito’. Exposiçons, projecçons, recitais e outras actividades vam estar relacionadas com essa legenda, com a que, por parte da SCD, se quer denunciar a farsa da crise e a inhumanidade do sistema económico.

Estamos en Vilariño, no Hío, na 13ª edición da Festa Folc. Vaia, que estamos na casa. Por iso decidimos emitir por vez primeira un concerto en streaming desde aquí. Ah! e tamén porque o Sera, ademais de irlle botar unhas pezas no escenario, ten unha conexión de 10 MB a 50 metros da praia de Vilariño. A partir das dez da noite, conectamos en directo!

borneira on livestream.com. Broadcast Live Free

Cando queda menos dun mes para unha das datas senlleiras do calendario festivaleiro do verán, a organización do Festival Brincadeira vai desvelando cousas do novo emprazamento en Cambre. Do 9 ao 12 de agosto, máis de 80 bandas e 70 horas de música farán gozar á xente que se achegue até Cambre. Cun cartaz encabezado por Status Quo e Calle 13, até a vila das Mariñas irá tamén unha boa representación da música galega. Para ir quentando o ambiente, a organización sortea un pase VIP entre quen comparta o seu cartaz no Facebook e hoxe pon en marcha o  Brincadeira Show, que promete ser o xogo do verán nas redes sociais da música galega.

AO VIVO

Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.