Cando queda menos dun mes para unha das datas senlleiras do calendario festivaleiro do verán, a organización do Festival Brincadeira vai desvelando cousas do novo emprazamento en Cambre. Do 9 ao 12 de agosto, máis de 80 bandas e 70 horas de música farán gozar á xente que se achegue até Cambre. Cun cartaz encabezado por Status Quo e Calle 13, até a vila das Mariñas irá tamén unha boa representación da música galega. Para ir quentando o ambiente, a organización sortea un pase VIP entre quen comparta o seu cartaz no Facebook e hoxe pon en marcha o Brincadeira Show, que promete ser o xogo do verán nas redes sociais da música galega.
Ler máis: O Brincadeira-Rock in Cambre 2012 vai collendo xeito
Xa é posible inscribirse no VIII Seminario de Música Moderna e Improvisación, que se desenvolverá dentro do festival Novas Músicas, o festival de jazz de Monforte. Na capital da Terra de Lemos, entre o 22 e o 25 de agosto, os e as músicas que queiran afondar na improvisación jazzística teñen unha cita ineludible. Velaquí o alumnado de Iñaki Askunze tocando ao vivo na edición de 2011.
O pasado sábado 7 de xullo, a Asociación Cultural Deskarga Furtiva presentou no Salason de Cangas a segunda edición do festival A Chorar a Cangas. O festival, que se celebra o día 14, busca consolidarse dentro das citas veraniegas da comarca, que tras a desaparación de históricos festivais como o Festichan ou a Noite do Trasno fica só co Son Rías Baixas, -de pago-, e a Festa Folc de Vilariño como referentes senlleiros. Nesta edición, o festival cangueiro ha contar coa participación de Falperrys, Malas Pulgas, O Neto de Manoel e os navarros Zopilotes Txirriaos. Vídeo da presentación no interior do artigo.
Mudanzas climáticas á parte, a Candeloria riu e o inverno está a vir...en pleno xullo!! Pero iso non é nada para os e as afoutas festivaleiras do noso país. Iso si, sede precavidos e metede un parauguiñas e/ou un chuvasqueiro na equipaxe festivaleira desta fin de semana, por se o hai que usar. E montade ben as tendas, que despois se chove toca o dobre teito co de dentro e acabamos pingando...Bromas a un lado, aquí tedes as previsións meteorolóxicas para varios dos festivais desta fin de semana.
Ler máis: Parte meteorolóxico para os festivais da fin de semana
A través de quepasanacosta.com coñecemos os 10 festivais que se van celebrar nas comarcas máis occidentais da provincia da Coruña. Loitando contra a ditadura da verbena cun abano de propostas variadas. Do folk á electrónica. Do hip-hop ao indie. Unha axenda completiña que cobre practicamente todas as fins de semana do verán e ademais practicamente sen solapamentos entre uns festivais e outros. Así que se algún ou algunha valente se atreve con todo que avise!!
A A.C. Lúa Chea presentou hoxe xoves ás 12 da mañá na Casa Común de Calo, en Teo, a 15ª edición do Festival Música na Noite. O festival vaise celebrar nas noites do venres 6 , e do sábado 7 de xullo, no lugar de Solláns, na mesma parroquia da comarca santiaguesa onde foi presentado. No acto estiveron presentes os membros da A.C. Lúa Chea Xoán Carlos Portos, Ana Fernandez e Jesús Parajó, o concelleiro de Mocidade e Servizos e mais o alcalde da localidade. Tamén o Leo i Arremecághona, que ofreceu unha pequena mostra da que vai ser a súa actuación no festival.
Ler máis: Preséntase a 15ª edición do Festival Música na Noite