Este vindeiro sábado 26, na Bandeira -concello de Silleda-, terá lugar o segundo concerto Por Un Sáhara Libre!, dentro do marco do II Mes Cultural de Axuda ao Pobo Saharauí. Presentado por Xurxo Souto, no concerto actuarán as Pandereteiras da Carballeira de Cercio, Linho do Cuco Ensemble e Leilía. As entradas custan 8€ adiantadas e 10€ na billeteira e a recadación irá para o Programa Vacacións en Paz.
Ler máis: Concerto por un Sáhara Libre, este sábado en Silleda
O Resurrection Fest confirmou hoxe o seu cartaz (case) definitivo para a edición de este ano. A falta das últimas 4 bandas, os galegos afincados en Santiago Mutant Squad pisarán o mesmo escenario que grandes bandas de nivel internacional. Xunto a eles hoxe confirmouse un icono do thrash metal coma Megadeth, a banda do ex componente de Metallica Dave Mustaine os cales serán uns dos cabezas do cartel de esta edición.
Ler máis: Megadeth ou os galegos Mutant Squad, entre as últimas confirmacións do Resu
O Resurrection Fest pasa por ser o mellor festival de metal e hard-rock da Península Ibérica. En apenas 9 edicións, o festival deu colocado Viveiro no mapa mundial metaleiro, cun cartaz que adoita traer as mellores bandas mundiais dese estilo e que tamén lles fai un oco ás bandas do país. Aínda faltan 25 confirmacións para a edición deste ano, entre as que se encontran precisamente as galegas.
O Reperkusión abre o prazo de presentación de solicitudes para os artistas que queiran participar no Festival. Igual ca o ano pasado, tres dos artistas serán elixidos polo público, a través das redes sociais do Festival. Polo de agora, os españois Muchachito y sus compadres, os portugueses Crassh e os galegos Cuchufellos e Terbutalina son as únicas confirmacións da 12ª edición do Reperkusión. Até o 15 de abril, as entradas están á venda a 20€+Gastos.
Ler máis: Reperkusión abre prazo para as bandas presentaren propostas para a edición 2014
O 17 e 18 de abril terá lugar unha nova edición, xa a cuarta, do Aversion Fest en Burela. Machina, The Brosas -habituais do festival-, Skholma ou Mutant Squad, xunto a outras coma os portugueses Above the Hate, entre as primeiras confirmacións para a edición deste ano. O Aversion é un festival autoxestionado e independente, que aposta principalmente polas bandas amateurs mais que tamén deixa oco para formacións semiprofesionais e profesionais, sempre dentro dos límites marcados polos recursos dos que dispoñen.
Ler máis: Varios grupos do país, confirmados para o Aversion Fest 2014
"O mellor festival con entrada de balde do país” segundo os organizadores, contará coa presenza do Sonoro Maxín, Terbutalina, Medomeda e A Compañía do Ruído nesta nova edición do Rock in Rian. A que constitúe a quinta deste festival rianxeiro celebrarase este sábado día 14 e chega cargada de boa música e de novos apoios, coma o de Culturactiva SCG na produción do evento. Serán 7 horas de festa de calidade e con entrada de balde.