A consellaría de Cultura presenta a sexta edición do festival de músicas Espazos Sonoros, que se desenvolverá do 8 de setembro ao 27 de outubro de 2013, en espazos de interese cultural ao longo da xeografía galega. Nesta sexta edición do festival, destaca a presenza da formación vocal inglesa Gothic Voices, un dos mais nomeados grupos especializados na interpretación de música medieval, que actuará na igrexa de Santa María de Armenteira o domingo 6 de outubro. Un espectáculo de danza coa Cía. trasPediante, o guitarrista Marcos Teira, o arpista Emilio Cao, o grupo Odaiko ou Caxade son algunhas das propostas que completan o programa desta nova edición.
Música, baile, gastronomía e, sobre todo, troula, foron os grandes protagonistas da XII edición do SonRías Baixas. Aínda que non se cumpriron as expectativas de éxito do ano pasado, o festival logrou reunir entre os dous días unhas 10.000 persoas e tivo un importante impacto económico sobre a vila de Bueu. Velaquí a nosa impresión do festival morracense.
A SCD Condado creou unha campaña de crowfounding en Verkami, na procura de financiamento para o Festival da Poesia no Condado. Agora, apenas a 5 días de rematar o prazo do proxecto, o obxectivo está a piques de ser acadado, mais precisa dun derradeiro pulo. Sempre Desobediencia, Sempre Poesía!! Apoia!!
O Festival SonRías Baixas 2013 tomará Bueu esta fin de semana con máis de 20 horas de música. Na mañá de onte martes 30 de xullo, foi presentada esta XII edición, que encherá de troula a vila mariñeira con máis de 20 horas de música e 3 días de actividades. Dakidarría ou Foxy Freire pola banda galega e Los Enemigos ou The Toy Dolls entre os grupos de fóra, nun cartaz cheo de rock, punk e ska.
A primeira fin de semana de xullo preséntase cunha amplitude de propostas arredor da música do país. Unha ben interesante que vimos de coñecer é o son da marisma, un festival de músicas emerxentes que nace en Sabarís, Baiona, co obxectivo de lles achegar aos veciños de Sabarís formacións novidosas no panorama musical galego. E nace con vocación de se asentar e se converter nun punto de encontro para a vida cultural do Val Miñor. Eis a proposta do I Festival de Músicas Emerxentes Son da Marisma.
Últimos días para se apuntar ao concurso de grupos emerxentes que están a promover dende o Festival Revenidas no Facebook. Por se tedes unha banda e aínda non te enterárades, deixamos as bases do concurso. Xa hai un feixazo de bandas anotadas, así que xa sabedes, aquí tedes unha boa oportunidade, para darvos a coñecer pero... Ollo! o prazo remata sábado 16!!