Quedan uns días para que comece o San Froilán. Durante 10 días, Lugo será a capital festeira e musical do país. Haberá moitísima música; desde a abertura, o día 3 co Festival de Noso que levará até a cidade ao Sonoro Maxín e Familia Caamagno, até os concertos de Susana Seivane e Murajazz Big Band o domingo 12 que fecharán a programación. E sobre todo, vai haber moita festa na rúa, con pasarrúas decote pola zona dos viños a cargo de formación tradicionais - Madia Leva, Devandoira,...- ou outras como a Fanfarria Taquikardia ou o Bloquinho de Xermolos. E moito máis: Sés, Marful, Festiclown, música clásica, jazz,...
Saen á venda os bonos para o WOMEX 2014, que permitirán gozar de 45
concertos durante tres noites. O FEstival WOMEX desenvolverase do 22 ao 26 de outubro no Museo Centro Gaiás da
Cidade da Cultura e en varios espazos de Santiago de Compostela. O Womex é unha grande feira profesional, mais os concertos de noite estarán
abertos ao público. Iso si, apenas á venda 200 bonos para 45 concertos en 3
días que terán lugar en espazos como a Praza da Quintana, o Auditorio
Abanca, o Teatro Principal, o Salón Teatro ou a Sala Capitol.
A parroquia de San Martiño de Vilelos, no concello do Saviñao, pon a punto o Folión das Fachas. Tradición con orixes milenarias, probablemente naceu como ritual de agradecemento aos deuses polas boas colleitas. Hoxe en día, perdidas xa esas connotacións, é un dos escasísimos "folións de véspera" que se conservan no país. O vindeiro venres 26 de setembro, en Vilelos, tes unha cita coa tradición e a boa música, que virá despois da procesión das fachas. Este ano, Abóbriga, Aires da Poxa e Sacha na Horta.
O verán non dá acougo. Esta fin de semana catro grandes festivais van levar boa música até Vilaxoán, O Incio, Castro Caldelas e Pantón. Revenidas, Terra Brava, Ponte Louco e Festival do Castro propoñen festa, música e un feixe de actividades para que non teñas descanso en toda a fin de semana. Os Diplomáticos, Heredeiros, Sés, Dakidarría, O Caimán do Río Tea, Cuchufellos, Nao,...mostrarán todo o potencial da nosa música nunha finde de loucura. Se aínda non tes claro onde ir ou se xa o decidiches pero non queres perderte nada, bótalle un ollo a isto!
Todos os venres do mes de xullo o convento de Herbón acollerá unha serie de concertos de música clásica e antiga. Ademais, haberá visita guiada a este edificio histórico e degustación de pementos con viño do país. O seu obxectivo: difundir o valor do pemento de Herbón e achegar a música clásica á xente. Chega a segunda edición do Festival As Notas do Pemento.
Ler máis: O convento de Herbón acolle o II Festival de Música en honor ao pemento
No Reper argallan o xogo máis salvaxe da historia do festival. E desta volta, se queres xogar, terás que andar polo lado máis bestia vestido con pico e plumas. Mestura o entroido ourensán, os xogos de verán e mais o liderado anárquico do Leo i Arremecághona e terás unha idea da que van montar en Bemposta. Ademais, participar ten premio. Non perdas a última tolería do Reper, a Empolada!!!
Ler máis: A Empolada, unha nova tolería para un Reper cargado de boa música