Xa se coñece a distribución por días das bandas participantes na primeira edición deste evento. Mañá venres 2 de outubro e o sábado 3, pasarán polo recinto das Naves de Ojea na vila do Morrazo un feixe de bandas locais, dez concretamente, de diferentes estilos. Haberá unha barra solidaria con ACNUR, para recadar fondos para os refuxiados.
O festival Reperkusión está a 24 horas de comezar. Durante venres e sábado a música volverá tomar a Cidade dos Muchachos de Bemposta. Asian Dub Foundation Souns System, Dubioza Kolectiv, Dakidarría e Chotokoeu encabezan un cartaz feito, coma sempre, para nos ofrecer bandas cunha clara vocación festeira e potentes directos.
A fin de semana volve ser un fervedoiro de festivais ao longo da Galiza. Revenidas en Vilaxoán, Intercéltico en Moeche,, Armadiña Rock en Combarro,... Unha moi boa alternativa para este sábado é o Festival do Castro. En Pantón levan xa dez edicións deste festi, cun cartaz ben interesante para o seu aniversario. Bótalle unha ollada a todo o que argallou a AC O Castro!
Ler máis: Festival do Castro, moita festa o sábado 22 en Pantón
Estamos apenas a 24 horas do comezo do que vai ser sen dúbida un dos mellores festivais do verán en Galiza, o Revenidas de Vilaxoán. Até a vila mariñeira da Arousa van chegar unha selección dos mellores grupos do país e varios nomes internacionais de sona para colocar de vez Revenidas entre os mellores festivais da península. Familia Caamagno, Nao, Dakidarría, Liska ou Mahones, La Raíz e S.O.J.A farán gozar as asistentes desde mañá venres até o domingo 23 de agosto.
Lety GF foi até o Xantar-Presentación do FestiVal das Brétemas o pasado 1 de agosto en Ponteareas e tráenos este resumo en vídeo da xornada. A sesión vermú, cos Sesión Vermú, un petisquiño dos xogos populares e fragmentos do concerto dos Skalingrado, unha escolma do día de festa argallado polxs bretemosxs na casa da cultura de Angoares.
A 45ª edición do Gouelioù Etrekeltiek An Oriant, ou Festival Interceltique de Lorient, hase desenvolver entre os vindeiros 7 e 16 de agosto na cidade bretoa de An Oriant -Lorient, en francés- que volverá encher as súas rúas e locais con música chegada de todas as nacións celtas. Na delegación galega xa está todo aquelado para comezar a viaxe, con nomes como Talabarte, Radio Cos, Rosa Cedrón ou Carlos Núñez entre os que han levar a nosa música ao berce do interceltismo.
Ler máis: Todo a punto para o Festival Intercéltico de An Oriant 2015