O festival independente de música alternativa, Esmorga Fest, que xurdiu coa celebración dun aniversario, chega á súa 3ª edición, que terá lugar o o 11 de marzo do 2017 en Sarria, Lugo. Triangulo de Amor Bizarro, Nueva Vulcano, Paus, Músculo ou Voltem -confirmados onte- entre as bandas que estarán en Sarria.
Sardiñas, praia e rock'n'roll. Velaí a proposta da décimoterceira edición do Festival Revenidas de Vilaxoán, que ha botar andar en apenas 24 horas nesta vila mariñeira. Figuras internacionais da calidade de Gabriel o Pensador ou Fanfare Ciocarlia, ao carón de clásicos do país coma Os Tres Trebóns, O Sonoro Maxín ou Familia Caamagno. Un feixe de actividades de balde, o Xoubiñas Festi pensado para as máis cativas, Gala Solidaria Refuxiad@s,..., moito a facer e todo bo en Vilaxoán desde a sexta até o domingo. É claro que GZmúsica non pode faltar!!
Comezamos o mes de agosto e os festivais de música amoréanse ao longo da xeografía galega. Desde grandes festivais con entrada de pago deica pequenas iniciativas autoxestionadas. Do punk-rock ao pop ou á música tradicional. A oferta é ampla e para todos os gustos. Dámoslle un repaso ao mellor desta primeira fin de semana e engadimos o Mapa Festivaleiro de agosto actualizado a 04/08/16. Pasen e escollan!
Tras o éxito do ano pasado, volta a segunda edición do ciclo de “Músicas de Sofá” como primeira cita musical para os máis de 150.000 visitantes que se agardan para a festa do Polbo do Carballiño. Os concertos comezaron onte, mais aínda estás a tempo de gozar coa música de sofá no CArballiño. Ao longo do día de hoxe, 4 de agosto de 2016, desenvolvera a segunda xornada deste singular festival, na que estarán, entre outros, os Transilvanians.
Estamos a chegar ao ecuador do verán e a axenda festivaleira galega segue chea de grandes propostas. Unha das citas a non perder no mes de agosto é o Festival do Castro, que celebrará en Pantón a súa undécima edición. Á espera da confirmación de todo o cartaz deste ano, desde a organización informan da presenza do grupo uruguaio Once Tiros neste 2016.
A praia do Preguntoiro acolleu onte a presentación da décimo terceira edición do Revenidas. Sobre a area na que descansarán as festivaleiras entre noite e noite de concertos, organización e autoridades debullaron a que vai ser sen dúbida a edición máis ambiciosa do festival de Vilaxoán. Reafirmándose na aposta polo mellor da música galega e na súa condición de festival das linguas, este ano poderemos gozar no Revenidas con Malandrómeda, Familia Caamagno, Falperrys, Ezetaerre ou Os Tres Trebóns e mais bandas internacionais da calidade de Fanfaria Ciocarlia, Gabriel O Pensador, Russkaja ou La Raíz.