Festivais

“Cans & Cadelas” é a canción composta por Magín Blanco para a 15ª edición do Festival de Cans que se celebrará do 23 ao 26 de maio. Na gravación do tema, o artista coñecido polos seus discos para público infantil como “A nena e o grilo” ou "Camiños" contou coa colaboración de As Mosas e Carlos Blanco. Uxía Senlle, parte de As Mosas, acompañou ao músico na mañá do 19 de abril nunha interpretación do tema ante as persoas asistentes á presentación desta edición do certame audiovisual que continúa a súa aposta polas novas xeracións de cineastas do país.


Hai uns días presentouse a quinta edición deste festival, cun cartaz no que atopamos ao Sonoro Maxín, Esteban y Manuel, Marem Ladson, Bifannah, Pardo e Baiuca. Trátase dunha das propostas máis orixinais do verán galega, xa que unirá o vindeiro 14 de xullo catas de vino da D.O. Ribeiro con música en directo no fermoso contorno da playa da Barrosa, en San Vicente do Mar.

No medio da Semana Santa salta a bomba. A Xunta de Galicia semella que escoitou as queixas provenientes do sector da música galego (artistas, produtoras e industria en xeral) e, para alén de seguir co seu xa anunciado Espectáculo Bochornoso de Luz e Son, a Consellaría de Cultura vén de anunciar un novo festival de música, que se celebrará de xeito itinerante nos meses de maio e xuño desde este ano até o 2021, ano Xacobeo. O Fariña Fest. Aproveitando o tirón do libro de Nacho Carretero e a sonada foto do noso presidente con Marcial Dorado, o Fariña Fest pretende afondar na idea de que "todos os galegos temos un amigo contrabandista" como apuntou o noso presi. De momento sábese pouco das bandas que actuarán só que os Ulträqäns van estar "si ou si". [EDITADO: Obviamente, esta nova foi publicada o 1 de abril, cando van os burros onde non deben ir]

O Festival volverá encher Bueu de festivaleiros os días 2, 3 e 4 de agosto coa súa particular mistura de música, praia e gastronomía nunha contorna privilexiada. Despois de esgotar en menos de 12h os primeiros 200 abonos, as entradas están á venda na web do festival, cun prezo especial de 25 € máis gastos, coa acampada incluída.

O Revenidas 18 vai tomando forma. Nesta décimoquinta edición volverá haber máis de 30 actuacións e máis de 40 espectáculos, moitos deles de balde, coa combinación de propostas do país e foráneas tan típica do festival de Vilaxoán. Polo de agora, e en exclusiva de GZmúsica, podemos confirmarvos que a Banda Xangai vai estar no Revenidas deste ano. E as negociacións están tamén moi avanzadas cun grandísimo grupo de ska, internacional, que daría o seu primeiro concerto en Galiza no Revenidas.

O festival que reúne o mellor do panorama underground estatal celebrarase os días 2 e 3 de marzo en Sarria, Lugo.  WAS, Nudozurdo ou Disco las Palmeras entre as 15 bandas que van formar parte desta edición.

AO VIVO

Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.