Sons de Breogán organiza o seu II Festival con Rebeliom do Inframundo, Cuarta Xusta e Samu Acaracán e Os Tintafemia. Será esta sexta feira, 13 de marzo de 2020, en Compostela, na sala Malatesta. Variedade estilística e moita calidade na segunda edición do festival de Sons de Breogán.
Ler máis: II Festival Sons de Breogán, este venres na Malatesta
Volve o rock Bravú, se é que algunha vez marchara. Este ano cumpríronse 25 anos do banquete inaugural daquel movemento xerminal da música en galego, que naceu o 1 de novembro de 1994 en Chantada, na véspera do II Castañazo Rock e dediante dunha boas postas de cocido. Igual que fixeran hai 5 anos co gallo do 20º aniversario, varias actividades e concertos reinvidicarán a importancia do Bravú, nunha xeira que comezou xa na Coruña a pasada fin de semana.
Hoxe mesmo, mércores día 27 de novembro ás 12h tivo lugar o primeiro adianto do cartaz dun dos eventos máis sonados da vila de Muros, o Festival Castelo Rock. Esta XVII edición terá lugar os días 24 e 25 de xullo, coincidindo ca ponte de Santiago Apóstolo. Logo de romper con todos os esquemas na edición do ano pasado, o Festival Castelo Rock de Muros volve coas pilas cargadas.
Susana Seivane, Tanxugueiras ou Dakidarría, principais propostas deste ano no veterán festival das Terras de Soneira. Korrontzi ou Celtic Social Club porán a nota internacional nunha festa que segue a apostar por unha oferta para todas as idades, a prezo case irrisorio, centrada na música de noso.
Ler máis: A Carballeira de Zas presenta o cartaz da súa 36ª edición
Sés, Som do Galpom, Dubioza Kolektiv, Iseo & Dodosound, Hakuna Tanaka e Nius de Nit son as 6 novas bandas anunciadas pola organización. Completan un cartaz en que xa estaban Nao, Dakidarría, Zoo, Boikot ou La Pegatina e para o que a organización anuncia algunha sorpresa máis. O festival volverá encher Bueu de música, gastronomía e cultura na primeira fin de semana de agosto.
O folk na tradición máis celta de Luar na Lubre e mais o ska-reggae eúscaro de Esne Beltza son as primeiras confirmacións para a vixésimo cuarta edición do Asalto ao Castelo de Vimianzo. O festival, con entrada de balde e organizado por asociacións sen ánimo de lucro da vila soneirá, lembra o asalto ao castelo de Vimianzo que o pobo das Terras de Soneira realizou hai 550 anos no marco das Guerras Irmandiñas.
Ler máis: Luar na Lubre e Esne Beltza no Asalto ao Castelo de Vimianzo