O sexto programa desta nova temporada de GZmúsica TV foi gravado a comezos de xullo de 2020.
Antes de ser subido á nosa canle de Youtube, o programa foi emitido por Nós TV na súa canle dixital, na plataforma R.
Neste sexto programa da nova andaina de GZmúsicaTV saímos da aldea para nos achegar á veciña vila de Bueu. Aló o Lavesedo falou cos integrantes de SondaRúa, que daban o seu primeiro concerto post-confinamento. Ademais, a nosa compañeira Patty Castro de Mulleres Galegas Kañeras (MGK) "entrou" na casa de Guadi Galego para falar un bocado con ela.
Traémosvos tamén o último videoclip Tiam GZ.