GZmúsica TV - Temporada 2

O terceiro programa da segunda temporada de GZmúsica TV emitiuse o mércores 27 de agosto de 2014 ás 22:30h, en Localia Vigo na TDT e tamén en R Televisión. Fomos gravar a Taragoña (Rianxo) ao Cé Orquestra Pantasma, Kayo Malayo, De la Cruz Show, Familia Caamagno, The Lákazans e O Caimán do río Tea no Antrospinos 2014. Tamén estivmos en Ribeira, gravando o Himno da Dorna, tocado polos Dipomáticos na Festa da Dorna deste ano.


O segundo programa da segunda temporada de GZmúsica TV emitiuse o mércores 20 de agosto de 2014 ás 22:30h, en Localia Vigo na TDT e tamén en R Televisión. Fomos gravar a Matamá a Festicultores Troupe, Tenores Def, Banda Tributo Manolo McTamá, Skarnivals, Millo e Ovos Podres.


O primeiro programa da segunda temporada de GZmúsica TV emitiuse o mércores 13 de agosto de 2014 ás 22:30h, en Localia Vigo na TDT e tamén en R Televisión. Fomos gravar a Bemposta e estivemos con The Turre's Band, Crassh, Kuarembó, Kimbala, Cuchufellos, Terbutalina e Troupe Sky. E tamén na empolada ;-)

Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.