O duodécimo programa desta quinta temporada de GZmúsica TV foi gravado en Barcelona, o 7 e 8 de outubro de 2017. Para celebrar o programa 50 de GZmúsica TV montamos no Xangai e viaxamos até Nou Barris, para asistirmos ao encontro galego-catalán-canario artellado para o 40 aniversario do Ateneo Popular do barrio barcelonés. Velaquí o duodécimo programa de GZmúsica TV - Temporada 5.
O Ateneu Popular de Nou Barris estivo de aniversario. 40 anos da ocupación deste espazo polo que teñen pasado ducias de persoas e colectivos artísticos de todo tipo. Un deles foi O Jarbanzo Negro, banda que botou anos no Ateneu e volveu para este 40 aniversario.
{fcomments}