Grupos

Estes días volveu a ser actualidade na rede un documentario sobre o rock Bravú gravado hai 2 anos por uns estudantes de Comunicación Audiovisual da USC. No vídeo, de 20 minutos de duración, falan varios dos protagonistas daquel movemento. As opinións de xente dos Diplomáticos, dos Papaqueixos, dos Túzaros, dos Skornabois, etc. e algún concerto histórico onde se pode ver o Manu Chao compartindo escenario cos Diplomáticos en Compostela.

Artigo de Lavesedo para o Faro da Cultura. Repaso das novidades discográficas que saíron estes primeiros meses de 2012 no país. Ruxe Ruxe, O Sonoro Maxín, Camarada Nimoy, Terbutalina, Projecto Mourente,... unha ollada ao que ferve na música galega.


Non descubrimos nada se dicimos que o Xabarín Club fixo máis pola lingua, -e pola música-, do país que todos os programas de normalización lingüística que houbo, hai ou haberá neste recanto do mundo. Aínda se mantén en antena, na TVG2, pero o Clube da Galega está lonxe da actividade que tiña nos 90, cando foi pioneiro dos clubes infantís de TV en todo o estado. Tes saudade daquel tempo? Pois entra e coñece Xeración Xabarín.


Todxs habedes coñecer o anuncio da bebida enerxética onde os elefantes voan e unha nai ten que comer as súas palabras. Pois pasounos algo semellante. Un día dixemos que só falariamos ben de Madonna se ía de xira cun grupo de txalapartaris e cantaba en euskera. E aí a tedes, cos Kalakan acompañándoa na meirande xira da súa historia. Txalapartas sobre Open your heart e a diva americana botándolle unhas estrofas do Sagarra Jo, peza do trío de Iparralde. Vídeo no interior.


O Celtic Fringe Festival de 2012, -que se ha celebrar do 20 ao 24 de xuño en Sligo, Irlanda- acollerá a estrea. David Ramos apresenta o film sobre a experiencia que hai 1 ano levou 15 músicos da Escola Livre da MPG até a edición do 2011 do festival de Sligo para participar na estrea da De Cuellar Suite. Aló compartiron escenario con 40 músicos irlandeses dunha escola homóloga. E todo para dar a coñecer as andainas por Irlanda e Escocia do capitán castelán Francisco de Cuéllar, ao mando dun dos barcos da armada invencíbel no 1588. Vídeo promocional do documentario no interior.

Igual é porque os premios son patrocinados por unha cervexa galega. Mais o certo é que a música do país ten presenza en varias das candidaturas na cuarte edición dos Premios da Música Independente. Non é que na redacción de GZmúsica sexamos moi amigos deste tipo de telderetes, mais rechamounos a aparición de Das Kapital entre os candidatos a mellor álbum de música electrónica. Por iso botamos unha ollada.

AO VIVO