O músico está a traballar arreo no seu novo traballo, que levará por nome As Arpas de Breogán. Rodrigo Romaní prepara o novo disco no seu estudio de gravación en Noia, onde leva máis de dous anos investigando na sonoridade destas novas cancións. As arpas son o eixo das novas composicións, unha proposta nova e diferente na música galega.
As Arpas de Breogán sairá á rúa contra o inverno deste ano, da man de Fol Música, apenas unhas semanas antes do 35º aniversario da publicación con Antón Seoane do disco Milladoiro, (Zafiro/Novola, 1978), xerme do que posteriormente, co engadido dos membros de Faíscas do Xiabre, se convertiría no grupo máis influínte do folc galego.
O vindeiro 15 de agosto sae á venda o disco de estrea da Banda Crebinksy, Jet Lag, (Fol Música, 2012). Nós xa o temos...estámolo a escoitar estes días, e a verdade é que gustamos del. E se ti queres incorporalo tamén á túa discografía, telo doado. Sorteamos 3 discos entre as persoas que nos manden unha mensaxe privada no noso Facebook ou a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. coa resposta correcta a unha pregunta moi sinxela...
Tes de prazo até o vindeiro sábado 4 de agosto para respostar...bule, non vaias quedar sen el!!
Doa vén de editar o segundo vídeo da actuación que ofreceu no ciclo Músicas Abertas, no Teatro Principal de Pontevedra. Trátase da Cantiga 2 de Martín Códax. Velaquí a tedes
Hoxe luns 16 de xullo, dentro do programa ‘CdC em aberto’ na terraza das Crechas, en Santiago de Compostela, actuará o dúo procedente da Escola Livre da MPG (ligada á Central Folque) formado por Xabier Blanco (acordeón diatónico, melodeón e mandolina) e Alexandre Cadarso "Cano" (gaita, frauta e acordeón cromático de botón).
O pasado 29 de xuño estreouse en Compostela o documental que repasa a escena death metal galega da década dos 90. Codirixido por Luis E. Froiz (Santiago, 1985) e Carlos Pensado (Camariñas, 1977), dous apaixonados do death galego que teñen tocado nalgunha banda do estilo, o documental dá a palabra a membros das formacións que encetaron con este xénero musical no país, algúns deles aínda en activo 20 anos despois.
Ler máis: Estréase o documental 'Escuros, roncos e compasados'
A pasada fin de semana no Derrame Rock púxose á venda o DVD que os Heredeiros da Crus aquelaron co gallo da súa volta aos escenarios. O disco inclúe o concerto completo que a banda do Barbanza ofreceu en Ordes o pasado 3 de marzo. Unha mostra do que a banda vai dar si nas citas que ten pechadas no verán do seu retorno. En breve, o disco estará dispoñible tamén na rede e nos puntos de venda físicos.