GZmúsica TV - Temporada 6

O quinto programa desta nova temporada de GZmúsica TV foi gravado a comezos de xullo de 2020.

Antes de ser subido á nosa canle de Youtube, o programa foi emitido por Nós TV na súa canle dixital, na plataforma R.

Neste quinto programa da nova andaina de GZmúsicaTV: fomos até Pontevedra para ser testemuñas do primeiro concerto de Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre. O músico da Coruña e a súa banda presentaron o seu novo disco, "As Catedrais Silencias", na cidade do Lérez. Fómoslle á presentación e posteriormente Lety GF falou con el despois por videoconferencia sobre un feixe de cousas.

Ademais, traémosvos o último videoclip dos Guezos.

O cuarto programa desta nova temporada de GZmúsica TV foi gravado a comezos de xuño de 2020.

Antes de ser subido á nosa canle de Youtube, o programa foi emitido por Nós TV na súa canle dixital, na plataforma R.

 Neste cuarto programa da nova andaina de GZmúsicaTV: fomos á praia cos Putos e o Vítor foi dar os seus primeiros pasos no Froilanismo co Puto Coro.

Traémosvos os últimos videoclips de Broa e Boyanka Kostova.

O terceiro programa desta nova temporada de GZmúsica TV foi gravado en marzo de 2020, no comezo do confinamento.

Antes de ser subido á nosa canle de Youtube, o programa foi emitido por Nós TV na súa canle dixital, na plataforma R.

Neste terceiro programa da nova andaina de GZmúsicaTV comezamos cunha entrevista ás Tanxugueiras, feita por Patty Castro de Mulleres Galegas Kañeras (MGK). Contamos tamén con imaxes da actuación das Tanxugueiras no Auditorio de Cangas o 6 de marzo de 2020, no último concerto antes do confinamento.

E videoclips de Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre e SonDaRúa.

O segundo programa desta nova temporada de GZmúsica TV foi gravado no areeiro de Nerga, no Hío (Cangas), a finais de febreiro de 2020.

Antes de ser subido á nosa canle de Youtube, o programa foi emitido por Nós TV na súa canle dixital, na plataforma R.

Neste segundo programa da nova andaina de GZmúsicaTV achegámonos até a sala Rebullón en Tameiga (Mos) para falar cos Skacha que daban alí un concerto. Tamén fomos ao Liceo Mutante de Pontevedra onde as Ataque Escampe deron un dos últimos concertos pre-confinamento.

Traémosvos os últimos videoclips de Zënzar e Pauliña.

O primeiro programa desta nova temporada de GZmúsica TV foi gravado na Fonte do Galo, Cangas, en febreiro de 2020.

Antes de ser subido á nosa canle de Youtube, o programa foi emitido por Nós TV na súa canle dixital, na plataforma R.

Neste primeiro programa da nova andaina de GZmúsicaTV achegámonos até Verín para falar con Alex Casanova do seu proxecto Baiuca. Ademais, The Lelli Kelly´s viñeron tomar unha á Fonte do Galo, a nosa discotasca de Cangas para falar de como fan o rock na veciña Moaña.

Traémosvos os últimos videoclips de Txuky Camanho e Monolious Dop.

Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.