Concertos

Terbutalina e o Labranza de Meiro. Un concerto dos de Muros no bar máis punk da comarca máis punk do país é cousa de non perderse e até aló foron o Pato e mais o Cachalote para revivir a vigorosa experiencia vivida o ano pasado, no mesmo lugar e cos mesmos protagonistas. Aquí vos quedan un feixiño de fotos e unha pequena crónica do concerto.

Ruxe Ruxe e Zënzar andan embarcados nunha xira neste outono, que terá o seu punto final o vindeiro 26 de decembro no Jatopús de Ordes. A penúltima parada foi no Aturuxo de Bueu, o pasado 12 de decembro. Rock e amizade enriba e embaixo do escenario para a xornada de reflexión.

Os D`Callaos estiveron no Atu hai uns días. Os cataláns non esqueceron a súa cita con Bueu nesta xira 10º Aniversario e Lety GF non perdeu a súa visita e tráenos agora esta reportaxe. Crónica, vídeo e fotos do concerto dos D'Callaos no Aturuxo de Bueu, o pasado 14 de novembro.

A mediados de agosto, Odaiko levou todos os seus trastos percutivos até o Aturuxo de Bueu. Presentaba o espectáculo Vaia circo! moi axeitado para o público que adoitan congregar os concertos de tarde, tan exitosos nos últimos tempos. Moitas nais e pais coas crianzas a gozar da poderosa posta en escena e do virtuosismo que acompañan sempre o grupo. O Lavesedo e o Xabicas estiveron aló e envían pequena crónica e fotos. 

O Brais Arroutado está de volta na Galiza despois do seu periplo polas illas Británicas. Quedamos sen o correspondente insular mais recuperamos para as crónicas gzmusiqueiras a súa visión singular da música e do país. Eis unha mostra, poesía pura, do concerto que Treixadura deu polas Festas do Rosario en Boimorto.

Mércores 22 de xullo, Xabier Díaz e as Adufeiras de Salitre fixeron a súa presentación na praza da Quintana de Compostela. Única ocasión de ollar ao vivo este novo proxecto até que no outono publiquen o seu disco de estrea e fagan xira polos teatros do país. Aló estivo o Miguel Duarte, que agora nos achega crónica do primeiro estalo dun proxecto que de certo vai ser unha das grandes novidades deste ano na música galega.

GZmúsica espállase polo mundo. Os nosos colaboradores, coma unha gran parte da mocidade do país, teñen que saír fóra atopar as oportunidades que aquí non encontran. Non son os primeiros nin van ser os últimos, por desgraza. Un dos nosos cámaras de TV, o Adrián, anda por Madrid hai un ano e tamén un dos últimos en unirse á nosa crew, o Brais Arroutado, anda por Londres. Mais, até na cidade do Támesis, o bechiño da música segue a furar nos miolos. E como os DKTC non van moito ultimamente por Londres, o Brais decidiu achegarse até a presentación do novo disco dos Public Enemy na capital de UK. Velaquí as súas impresións.

No verán, as fins de semanas dan para ver moita música ao vivo. Concertos de balde ou de pago, á beira do mar ou no medio do monte. Festivais, feiras ou concertos en chiringos da praia. De todo hai e iso ben o sabe un dos nosos colabordores, o Cao de Mos. Despois de moitos meses -anos??- volve enviar crónica dunha tourné canfurneira polo país -con paraxes en Bouzas, na Guarda e Zamáns- só ao alcance de veteráns festivaleiros coma el. Pasen e lean, paga a pena.

Vindeiros concertos

671647126_1529400112523121_245636148477317500_n.jpg }05 Mai 2026
09:30PM -
Vadzim Yukhnevich e Giuliano Parisi
Borriquita de Belém - Santiago de Compostela
640144733_1661328505309044_6448672353842505295_n.jpg }06 Mai 2026
10º Facela Fest
Lugo
640144733_1661328505309044_6448672353842505295_n.jpg }06 Mai 2026
10º Facela Fest
Lugo
645790230_1542328411230550_6126441407160916991_n.jpg }07 Mai 2026
Agora Guerrilla
Borriquita de Belém - Santiago de Compostela
626278513_18344101579237107_7652831850050692149_n.jpg }07 Mai 2026
Antía Muíño
Avalon Café - Zamora (España)
640144733_1661328505309044_6448672353842505295_n.jpg }06 Mai 2026
10º Facela Fest
Lugo
624076770_17986133090933036_9170625095021733609_n.jpg }08 Mai 2026
Bestas
Sala Urania - Ferrol
625359261_18342640423237107_8185224847302903640_n.jpg }08 Mai 2026
Fillas de Cassandra
Recinto Feiral - Pontevedra
586678226_18334925893237107_7538853319763282673_n.jpg }08 Mai 2026
Rebeliom do Inframundo
Sala Capitol - Santiago de Compostela
662492807_4399302883652043_3346349509056976048_n.jpg }08 Mai 2026
Sementeira e Música
Área Recreativa do Muíño da Ponte - Corzáns (Salvaterra de Miño)