Últimos días para se apuntar ao concurso de grupos emerxentes que están a promover dende o Festival Revenidas no Facebook. Por se tedes unha banda e aínda non te enterárades, deixamos as bases do concurso. Xa hai un feixazo de bandas anotadas, así que xa sabedes, aquí tedes unha boa oportunidade, para darvos a coñecer pero... Ollo! o prazo remata sábado 16!!
Bótalle unha ollada ao calendario con todas as datas dos festivais membros da FEGAFE para o 2013. Xa celebrados Taíña en Goián e Treze-Catorze en Salceda de Caselas, aínda hai por diante case 30 festivais ao longo de todo o que resta de ano. De seguro que tes algún pertiño da túa casa!

{fcomments}
Este sábado 20 de abril en Rianxo, coincidindo coa celebración do Antrospinos Miúdo, a Federación Galega de Festivais de música volve celebrar unha xuntanza. A cita é ás 13h no Salón de Plenos do concello do Barbanza e á reunión están convidadas as Asociacións Culturais xa integrantes así como aquelas outras que queiran informarse de como formar parte da Federación.
Os gañadores compartirán o cartel oficial e o escenario principal do Festival con bandas internacionais e nacionais de renome e optarán a premios en metálico por valor de 1.500 euros, máis a posibilidade de gravar unha maqueta na Radio Galega e de participar nun programa da TVG. O prazo para presentar propostas comeza hoxe mesmo e remata o próximo xoves, día 18. O público elixirá os finalistas e un xurado composto por produtores, críticos, xornalistas e músicos, aos gañadores.
Ler máis: O SonRías Baixas organiza un concurso para bandas emerxentes
A Asociación Troula na Banda organiza un ano máis o Festival da vila de Bueu. Nas últimas edicións, milleiros de persoas gozaron coa súa particular mistura de música, praia e gastronomía nun contorno privilexiado. Ademais, este ano a organización e o Concello de Bueu preparan un Plan de Melloras conxunto para que o evento poida seguir medrando en calidade e comodidade para o público sen perder a súa identidade.
Ler máis: O SonRías Baixas celebrará a 12ª edición os días 2 e 3 de agosto