Con motivo da celebración do CULTURGAL (do 30 de novembro ao 1 de decembro) na cidade de Pontevedra (Pazo da Cultura) donde o TAC presentará a súa proposta do ciclo de concertos por streaming TAC 3.0, o Taller Atlántico Contemporáneo e o Concello de Pontevedra organizan conxuntamente a posta en escea de Eine Brise, obra musical para 111 ciclistas. O número 111 é un homenaxe de Kagel á última sonata para piano de Beethoven, que leva ese número de opus. Dende o TAC están seguros que a cidade de Pontevedra é un marco inmellorable para a realización desta obra.
Desde a Escola Livre da Mpg (aCentral Folque) informan dunhas aulas, de harmonía, conxunto instrumental e improvisación, dirixidas a músicos que queiran ampliar formación e mellorar no desenvolvemento co seu instrumento. As aulas comezan o vindeiro 30 de novembro e realízanse no CSC A Trisca, de Compostela. Serán impartidas por Pedro Pascual.
A Asociación Cultural Retrouso de Cela (Bueu) presentou un micromecenado para financiar o seu novo proxecto, Elelelo, o resultado de 15 anos de traballo na recuperación do patrimonio inmaterial do concello de Bueu. En apenas uns días, xa ultrapasaron a cantidade marcada. O disco dobre da AC Retrouso xa é unha realidade, mais o verkami continúa en marcha. Aínda estás a tempo de facer a túa achega e colaborar no novo obxectivo: sufragar o 100% do custo do disco co micromecenado.
Ler máis: Elelelos, crowfounding a prol da tradición de Bueu
Hoxe en GZmúsica non damos aulas...Folga! Greve! Lomce fóra da escola!!!
Cravuñando nela e deixándoa aqueladiña para saír ao aire. Niso está a equipa da Fouce Sonora, a preparar a que será a súa estrea, na nova tempada de Irmandade.tv, cun programa centrado na música galega, que contará con actuacións ao vivo. Cada semana, entrevistas, videoclips e actualidade da nosa música nun novo programa que pretende servir de altofalante ao que se fai nos torreiros e escenarios do país.
Xa van alá máis de tres anos desde ese venres de xullo do 2010 en que arrincaba o programa Folk in Trío na emisora comunitaria coruñesa, Cuac FM. E desde aquela, a música folk e tradicional dáse cita neste espazo con música en directo, sorteos, anuncios, entrevistas... e un lote de novidades cada semana con gran apoio pola música novel. A 4ª tempada manterá obxectivos e liña marcada nos anos anteriores, e volverá cada sexta feira, de 16 a 17 horas, en Cuac FM e tamén nalgunha outra emisora.
A escola de percusión afro-brasileira Prucupá (Santiago de Compostela) comeza novo curso 2013-2014 en outubro. Caixas, surdos, repiques e timbaus da Asociación Trópico de Grelos están listos para soar nos módulos iniciación e perfeccionamento da escola. Para celebrar o principio de curso a asociación organiza un concerto na praza de Cervantes o xoves 26 desde ás 19:00 h.
Ler máis: A escola de percusión Prucupá de Compostela comeza o curso 13/14
O verán remata mais a música galega non ten paraxe! Por iso, co comezo do novo curso, GZmúsica TV volve á televisión. Mais cun novo formato, o GZmúsica TV Clips, un programa de 30 minutos de duración onde lle daremos cabida aos videoclips, -novidades e históricos-, máis interesantes do panorama musical do país. A estrea é esta mesma noite, contra ás 24h, coma sempre en Vía TV ou en streaming na nosa rede. E se tes unha banda e queres que o teu videoclip saia no noso programa, contáctanos!!