Cultura

A cantante e músico Mercedes Peón pronunciará  mañá martes ás 19 horas, no Consello da Cultura Galega, a conferencia de inauguración do II Festival Atlántica de Narración Oral, presentada pola catedrática de Comunicación Audiovisual e académica da lingua Margarita Ledo. Será o punto de partida do festival de narración oral máis importante de Galicia, que este ano conta coa participación de narradores e narradoras da Bretaña, Irlanda, Madeira, Arxentina, Uruguai, Brasil, ademáis de boa parte dos contacontos profesionais do noso país.

En xullo do ano pasado presentouse a webserie galega Fame. Durante 3 episodios seguimos a Eme e a Uve na súa noite de festa desenfreada, na que a música galega puña a banda sonora. No 2014 volve Fame. Eis o novo video promocional, co que queren resumir o espírito da webserie e demostrar que están aquí para quedar. Un adianto, mentres agardamos a segunda temporada, coa música de Sés, 'Unha sombra de min'.


O vindeiro sábado 15 de febreiro remata o prazo para presentar propostas ao IV Concurso de grupos galegos Arteficial.  A Asociación Arteficial escollerá entre as propostas presentadas cales pasan ao concurso, que consistirá nunha votación na súa web. O gañador actuará no Arteficial 2014, o 15 e 16 de agosto. No interior do artigo podedes ler as bases íntegras.

Até 40 bandas se inscribiron no primeiro Concurso Rock in Río Tea. A organización xa escolleu as 8 formacións finalistas que ao longo dos vindeiros sábados irán pasando polo escenario do JJ Copas de Ponteareas para dirimir cal é a vencedora desta primeira edición. Ademais, os organizadores xa teñen o seu "himno oficial", un tema que soará polo Condado e a Paradanta promocionando o seu festival

Por sétimo ano consecutivo, a Asociación Cultural Millo Verde organiza o seu concurso de maquetas. Dirixido a formacións que non teñen contrato discográfico ou discos editados, agás as autoedicións. As participantes deben enviar 3 temas antes do 28 de febreiro. O gañador levará 300€ e formará parte do cartaz do Millo Verde 2014.

A Pousada das Ánimas leva xa uns anos remexando o panorama cultural do Barbanza. Desde Boiro, cunha programación na que teñen cabida distintas expresións artísticas, nomeadamente a música. Agora, os seus xestores convocan os Premios A Pousada das Ánimas 2013, no que se pode votar polas mellores actuacións do ano pasado no local, que optarán a diversos premios.


Hai 10 anos nacía na capital do país a Gentalha do Pichel. Como eles propios din, um grupo de compostelanas e compostelanos decididos a fazer activismo cultural na nossa cidade e comarca. A língua e cultura galegas, a vontade de aprender, de difundir e recuperar os nossos costumes, a nossa história, a nossa música... E así foi durante estes anos, e agora van festexalo cunha serie de actividades contra finais de xaneiro.

O pasado mércores 15 de xaneiro, presentouse no concello de Teo a 1ª edición do Certame de Canción de Autor en galego. Pode participar calquera cantautor/a, independentemente do estilo que practique, sempre que o faga con composicións orixinais e cantadas na nosa lingua. A persoa gañadora poderá gravar un disco de 8 temas nos locais de ensaio do concello, alén de poder dar 5 concertos e de ter paga por un ano a cota da asociación de Músicos ao Vivo. Máis info e link ás bases no interior.

AO VIVO

Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.