Cultura

No programa 925 do Luar, -925!!!!!!!-, un gaiteiro de Verín presentouse ao concurso Vai de Gaita cunha gaita marciana. Isto é, o deseño inventado por Xosé Luis Foxo en Ourense, empregado nas bandas de gaitas "marciais" e que provoca un rexeitamento unánime no mundo da música tradicional galega. O xurado, composto por Susana Seivane, Lorena Freijeiro e Cristian Silva, foi moi duro co concursante verinés e este retrucoulles defendendo o enxendro marciano. A polémica chimpou ás redes sociais, e un grupo de Facebook de apoio á tradición musical de noso supera os 1600 seguidores en apenas 24h. Links aos vídeos e artigo de Lavesedo no interior.

Este mes de decembro, a canle Tolemias, -dispoñíbel baixo demanda para clientes de R-, ofrece un interesante documental sobre as dúas caras da música. En 'Música, alma e industria' podemos escoitar músicos como o portugués Rui Veloso, o turco Omar Faruk, e grupos como os filandeses Sibelius, os italiáns Tradalp, os mexicáns Mighty Calacas, e galegos como Magín Blanco, Moon Cresta, Jane Lloyd, Emilio Rúa, Pilocha, Antón Seoane, Xosé Quintas, Cardigan Brigde, Anxo Pintos ou Rodrigo Romaní,...achegan as súas visións sobre as vertentes máis espiritual e máis material do mundo da música.

A cooperativa cultural Culturactiva, organizador@s entre outros do Festiclown ou Terractiva, vén de darlle unha volta de parafuso ao proxecto que presentaron o ano pasado, a Verbena Galega. Dirixido a programadores culturais, a Verbena Galega é un combo todo-nun que inclúe son, escenario, grupos, etc. para armar unha festa 100% galega. Para o 2014, volve a verbena de sempre, como nunca a viches...e como a ti che pete! A nova web permite configurar a túa festa con multiples opcións.

Con motivo da celebración do CULTURGAL (do 30 de novembro ao 1 de decembro) na cidade de Pontevedra (Pazo da Cultura) donde o TAC presentará a súa proposta do ciclo de concertos por streaming TAC 3.0, o Taller Atlántico Contemporáneo e o Concello de Pontevedra organizan conxuntamente a posta en escea de Eine Brise, obra musical para 111 ciclistas. O número 111 é un homenaxe de Kagel á última sonata para piano de Beethoven, que leva ese número de opus. Dende o TAC están seguros que a cidade de Pontevedra é un marco inmellorable para a realización desta obra.


Desde a Escola Livre da Mpg (aCentral Folque) informan dunhas aulas, de harmonía, conxunto instrumental e improvisación, dirixidas a músicos que queiran ampliar formación e mellorar no desenvolvemento co seu instrumento. As aulas comezan o vindeiro 30 de novembro e realízanse no CSC A Trisca, de Compostela. Serán impartidas por Pedro Pascual.

A Asociación Cultural Retrouso de Cela (Bueu) presentou un micromecenado para financiar o seu novo proxecto, Elelelo, o resultado de 15 anos de traballo na recuperación do patrimonio inmaterial do concello de Bueu. En apenas uns días, xa ultrapasaron a cantidade marcada. O disco dobre da AC Retrouso xa é unha realidade, mais o verkami continúa en marcha. Aínda estás a tempo de facer a túa achega e colaborar no novo obxectivo: sufragar o 100% do custo do disco co micromecenado.

Hoxe en GZmúsica non damos aulas...Folga! Greve! Lomce fóra da escola!!!

Cravuñando nela e deixándoa aqueladiña para saír ao aire. Niso está a equipa da Fouce Sonora, a preparar a que será a súa estrea, na nova tempada de Irmandade.tv, cun programa centrado na música galega, que contará con actuacións ao vivo. Cada semana, entrevistas, videoclips e actualidade da nosa música nun novo programa que pretende servir de altofalante ao que se fai nos torreiros e escenarios do país.